Terá lugar o 20 de outubro no restaurante Barreiro. Haberá sorteo de agasallos doados polos comerciantes locais e servizo gratuíto de autobuses dende a alameda
O domingo 20 de outubro a asemblea de Ordes da AECC celebrará a IX Comida Baile Solidaria. Como é habitual terá lugar no restaurante Barreiro, na parroquia de Leira, e dará comezo ás 14.30 horas. As entradas poderanse adquirir a partir da vindeira semana tanto no mesmo restaurante como no bar Salón (Ordes). O prezo será de 30 euros.
No acto levarase a cabo o habitual sorteo de agasallos doados polos comerciantes de Ordes. Novamente porase á disposición das persoas asistentes un servizo gratuíto de autobuses, que sairá ás 14 horas da Alameda de Ordes, grazas á colaboración de Autos Rogelio.