Friday 22 de November de 2024

Grande actuación da socorrista Lara López  no seu primeiro europeo


 

Magnífica actuación de Lara López no Campionato de Europa Júnior e Absoluto de Salvamento e Socorrismo disputado este mes entre os días 20 e 24 en Riccione (Italia). Lara López formou parte da selección española na categoría júnior acadando o bronce nas probas de sprint praia e relevo de sprint praia, ademais do quinto posto nas probas de relevo de ocean e bandeiras e o cuarto na de rescate con tubo. Mañá mesmo Lara López tomará rumbo cara a Sudáfrica para participar no International Surf Rescue Challenge (do 26 setembro a 4 de outubro) en representación do Club Salvamento Sada e como integrante do equipo absoluto.