Saturday 16 de November de 2024

Tarxeta de embarque para os participantes do programa xuvenil Galeuropa da Mancomunidade de Ordes


 

Quince mozos e mozas partirán nos vindeiros días a Malta, Lisboa e Portugal para unha estancia de dous meses na que, ademais de perfeccionar idiomas, realizarán prácticas laborais en empresas de distintos ámbitos
Os mozos e mozas que forman parte do programa de mobilidade transnacional xuvenil ‘Galeuropa 2019’ xa teñen lista a súa equipaxe para partir de viaxe esta semana. No día de onte recibiron a visita do alcalde de Ordes e a concelleira de Traballo, José Luis Martínez Sanjurjo e Susana García; así como Manuela González, Beatriz Rodeiro e Juan Manuel Rodríguez; edís de Tordoia, Oroso e Cerceda respectivamente. Un encontro acontecido no primeiro andar da Praza de Abastos de Ordes, en cuxas aulas se lles brindou apoio lingüístico ao longo dos últimos días.
En total son quince persoas entre os 18 e os 30 anos en situación de desemprego os que a partir de mañá se despracen a Malta, Lisboa e Turín. Ao longo dos dous próximos meses gozarán dunha oportunidade única para aprender idiomas e realizar prácticas en empresas de distintos ámbitos e sectores, cos gastos de aloxamento, manutención e transporte cubertos.

Neste programa participan de forma conxunta o Fondo Social Europeo e a Consellería de Política Social, ademais da colaboración da Mancomunidade de Ordes (Servizo de Emprego e Servizo de Prevención de Drogodependencias).