Preto dunha trintena de alumnos e alumnas do IES Nº1 de Ordes visitaron esta mañá a exposición de Médicos sin fronteras, que hoxe se clausura na biblioteca municipal. Con esta mostra a ONG pretende achegar ao Concello de Ordes a súa incesante actividade espallada por países de todo o mundo. Para finalizar a súa visita todas e todos eles tiveron a oportunidade de ver o documental ‘Invisibles’ no que se aborda a problemática dos nenos soldado de Uganda.