O Concello de Noia está a acometer esta semana unha limpeza a fondo das rúas do casco histórico da vila cun vehículo especial de auga a presión. Esta limpeza con auga a alta presión e desinfectante permite eliminar terra, graxas, aceites e resinas presentes na zona, dándolle un mellor aspecto e eliminando os xérmenes.
O concelleiro de Obras, Martín Fernández Godón, explica que “a limpeza das rúas do casco histórico continuarán ao longo desta semana e despois actuaremos noutras rúas da vila ao longo da próxima semana”. Estas tarefas son continuación da limpeza a fondo realizada na Alameda de Noia durante a semana pasada.