Para dar a coñecer estas novidades se están a publicar en redes sociais espectaculares imaxes en 360º que ademais permiten coñecer recunchos e perspectivas pouco coñecidas da Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae
Os Museos Científicos Coruñeses poñen en marcha a campaña escolar achegando aos centros educativos un completo programa de actividades, exposicións e contidos audiovisuais. Para dar a coñecer estas novidades se están a publicar en redes sociais espectaculares imaxes en 360º que ademais permiten coñecer recunchos e perspectivas pouco coñecidas da Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae.
O primeiro vídeo pódese ver nesta ligazón:
www.youtube.com/watch?v=7T1Hjihfngc&t=17s
Para este curso que acaba de empezar, as principais novidades da oferta escolar inclúen a exposición da Domus sobre nutrición Bocados; o programa de Planetario Lévame á Lúa, na Casa das Ciencias; ou a exposición sobre a reprodución das especies acuáticas, Sexo azul, no Aquarium Finisterrae.
Ademais, están programados numerosos obradoiros nas instalacións do Aquarium e no Laboratorio Aberto e a sala Maker da Domus, así como unha ampla oferta de sesións escolares no Planetario da Casa das Ciencias.
Os grupos escolares do municipio da Coruña poden reservar a visita de forma gratuíta. O resto de centros gozan de tarifas reducidas e mesmo dalgunhas oportunidades de acceso gratuíto ao longo do curso.
A información escolar completa, aquí:
http://www.coruna.gal/mc2/gl/visitas-escolares