Impartirase ao longo de catro sesións que terán lugar na aula de informática da Casa da Cultura de Ordes no mes de outubro. Aberto o prazo para inscribirse
A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL), en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade e o Concello de Ordes, pon en marcha o obradoiro Escola para o apoderamento de mulleres do rural: comercio e banca electrónica.
Aquelas mulleres interesadas en participar deberán inscribirse chamando ao 981566411 (de 10 a 15 horas de luns a venres) ou enviando un correo electrónico a prensa@consumidores.gal. Aconséllase facelo con antelación xa que o número de prazas é limitado.
No caso de Ordes as clases impartiranse na aula de informática situada na Casa da Cultura. Serán un total de catro sesións (dúas dedicadas ao comercio electrónico e outras dúas á banca electrónica). As datas sinaladas inicialmente son os martes 1 e 15 e os xoves 3 e 17 de outubro, dende as 17 ás 19 horas.