O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o vindeiro 11 de outubro. Poderase beneficiar o alumnado de educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria
Ata o vindeiro 11 de outubro o Concello de Ordes manterá aberto o prazo de solicitude para as axudas de material escolar. Este ano o Departamento de Educación aumenta ata os 25.000 euros a partida destinada a esta finalidade, co fin de que se poidan beneficiar o número máximo de familias empadroadas e residentes no municipio. O método de pago será mediante un vale que se poderá intercambiar nos establecementos adheridos.
Entre os requisitos indispensables figuran a escolarización nos cursos de infantil, primaria ou secundaria obrigatoria dalgún centro situado no municipio, ademais de que todos os membros da unidade familiar estean empadroados nel.
Para calquera consulta pódese chamar ao 981680002 (ext. 4) ou ben ampliar a información a través dos seguintes enlaces: www.ordes.gal e (http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2019/09/13/2019_0000007315.pdf).