22 mozas e mozos están en Galicia realizando a súa viaxe de estudos
O edil de Cultura e Educación, Jesús Celemín, recibiu hoxe en María Pita un grupo de alumnas e alumnos do Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstol que están estes días en Galicia realizando a viaxe de estudos que cada ano organiza o centro educativo para que as nenas e os nenos teñan a oportunidade de atoparse coas súas raíces culturais.
O edil encomiou o traballo que desde a escola se fai para manter a súa identidade cultural e animou a mocidade a desfrutar da cidade e da súa gastronomía.
O Colexio Santiago Apóstol comenzou a funcionar no ano 1998 froito da colaboración entre a Xunta e o Centro Galicia de Buenos Aires e ten como fin desenvolver un proxecto educativo bicultural en todos os niveis de ensino. As mozas e os mozos estudan lingua e literatura galega, así como xeografía e historia de Galicia.