Friday 22 de November de 2024

O CIM de Boqueixón oferta para o vindeiro mes un Curso de autodefensa e autocapacidade para mulleres ante situacións violentas


As inscricións deberán formalizarse ata o 15 de outubro no Centro de Información á Muller

O Centro de Información á Muller (CIM) de Boqueixón organiza para o vindeiro mes de outubro un Curso de autodefensa e autocapacidades para mulleres ante situacións violentas. O obxectivo desta acción é, segundo indican dende o CIM, “servir de instrumento de formación que comprenda coñecementos e técnicas físicas que permitan prever, avaliar e actuar ante situacións de ameazas, riscos ou agresións”.

As inscricións deberanse formalizar antes do vindeiro 15 de outubro no CIM de Boqueixón enviando un correo electrónico a cim@boqueixon.com ou chamando ao teléfono 981 513 061. A ficha se inscrición pódese descargar na web municipal www.boqueixon.com.

Esta iniciativa está dirixida a veciñas con idades comprendidas entre 13 e 70 anos e é de carácter gratuíto. As sesións desenvolveranse o luns 21 e o venres 25 de outubro en horario de 16.00 a 20.00 horas no ximnasio municipal de O Forte.

O curso será impartido por especialistas da Federación Galega de Loita e pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Esta acción formativa conta co apoio da Secretaría Xeral de Igualdade da Vicepresidencia da Xunta de Galicia; do Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad e a Academia Galega de Seguridade Pública.