Friday 22 de November de 2024

Case 170 nenas e nenos participaron nas actividades de conciliación do programa Verán Activo do Concello de Boqueixón


Case 170 nenas e nenos de Educación Infantil e Primaria participaron durante os meses estivais nas distintas quendas do programa de conciliación Verán Activo do Concello de Boqueixón. Esta proposta, incluída na Acción de Verán –coordinada polo Departamento de Cultura e Xuventude e polo CIM boqueixanés e coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade-, ofreceu actividades de lecer para a cativada durante as súas vacacións.

As distintas sesións leváronse a cabo de luns a venres nas instalacións de O Forte entre as 09.00 e as 14.00 horas dende finais do mes de xuño hasta mediados de setembro. Para facilitar a asistencia, ofreceuse tamén un servicio de ampliación horaria (de 08.00 a 15.00 horas) por conciliación. Actividades lúdicas, deportivas, acuáticas, así como cursos de natación, pintura, patinaxe e hípica centraron as propostas estivais. Tamén se combinou esta programación con actuacións de teatro e títeres da man do programa Ler Conta Moito promovido pola Biblioteca Municipal de Boqueixón.

Dende o Departamento de Cultura e Xuventude amósanse moi satisfeitos coa boa acollida do programa. “O Verán Activo sempre conta con moita aceptación entre a veciñanza, xa que facilita a conciliación durante as vacacións estivais das pequenas e pequenos do municipio”, indican.