Friday 22 de November de 2024

Todo listo en Ordes para o II Día do Deporte


Poderanse practicar 16 modalidades deportivas e optar a agasallos e material deportivo. A cita desenvolverase no Campo da Feira a partir das 16.30 horas e poderá participar todo tipo de público

O Concello de Ordes celebrará mañá venres o seu II Día do Deporte. Terá lugar de 16.30 a 20.30 horas no Campo da Feira (en caso de chuvia trasladarase ao pavillón Campomaior) e nas actividades poderán participar todas as persoas que o desexen, de maneira totalmente gratuíta e sen necesidade de inscribirse previamente.

As modalidades que terán presenza nesta xornada son: Aikido, taekwondo, atletismo, tiro con arco, tenis, fútbol, fútbol sala, orientación, patinaxe artística, ximnasia rítmica, baloncesto, kickboxing, pádel e hóckey a patíns. Ademais, tamén terán a oportunidade de recibir agasallos e entrar no sorteo de material deportivo sempre que cheguen a completar o circuíto deseñado pola organización. Para participar deberá recollerse un cupón na zona de organización ese mesmo día.

Nesta iniciativa o Concello de Ordes conta coa colaboración das seguintes firmas, clubs e asociacións: Sportec, Casa Grande de Xanceda, Club Patinaxe Galia, Club Atletismo Ordes, Jogafán F.S., Boud-Sport Club de Taekwondo, Asociación de Taekwondistas da Comarca de Ordes, Sociedade Deportiva Club Órdenes, A.C. Órdenes, Club SEO, Adarve, Ximnasia Rítmica Carral/Ordes, K2 Ordes, Pádel Club, Kickboxing OPC Fitness, Asociación Galega de Aikido Dentou Iwama Ryu, ISAASK, CAB Obradoiro e a Asociación Enfeitizados.