A pista polideportiva do Sanguiñal (Tállara) acollerá mañá venres 13 de setembro, ás 21:30 horas, a segunda sesión das “Noites de Cine”, organizadas polo Concello de Lousame en colaboración coa Deputación da Coruña. A película elixida é “Campións”, dirixida por Javier Fesser. A entrada é libre e de balde. En caso de choiva, a proxección trasladaríase ao auditorio da Casa da Cultura “Santeiros de Chave”.