Saturday 16 de November de 2024

O Concello quere que todos os colexios da cidade dispoñan dun roteiro escolar seguro


 

A alcaldesa, Inés Rey, mantivo unha reunión coa presidenta de Stop Accidentes, Jeanne Picard, para analizar proxectos encamiñados a garantir unha mobilidade segura na cidade

A alcaldesa Inés Rey anunciou a intención do equipo de goberno de colaborar con Stop Accidentes para ampliar os roteiros escolares seguros a máis centros da cidade. “A idea é estender esta iniciativa a todos os colexios”, explicou a rexedora, que mantivo esta tarde un encontro coa presidenta de Stop Accidentes, Jeanne Picard, para coñecer de primeira man os
proxectos nos que traballa a organización.

Con motivo do inicio do curso escolar, a presidenta de Stop Accidentes busca un maior compromiso da cidade para poder incrementar o número de Roteiros Escolares Seguros (A.N.C.A.S) e que, deste xeito, todos os escolares dispoñan dun
espazo seguro para ir ao colexio.

Picard fixo un chamamento a todos os pais e nais para que as cativas e cativos vaian andando ao colexio, porque “é máis seguro e máis saudable”. Lembrou a necesidade de concienciar os cidadáns, alumnado e pais sobre a importancia de humanizar a contorna e devolver o espazo o peón”, indicou.