Friday 22 de November de 2024

Manuel Rey Alvela e Carlos García Troncoso gañan o XI Campionato de Pádel do Concello de Frades


 

Manuel Rey Alvela e Carlos García Troncoso proclamáronse campións da undécima edición do Campionato de Pádel do Concello de Frades, que tivo lugar na pista municipal de Frades e no que participaron seis parellas de xogadores.

O torneo disputouse baixo o sistema de liguiña, en dous grupos ao mellor de 10 xogos (sempre cunha diferenza de 2 xogos), pasando ás semifinais as dúas mellores parellas de cada grupo. Os campións derrotaron por 8-5 á parella Carlos Rivera-Gorka mentres que os campións das dúas últimas edicións, Javier Méndez e Pedro Vieites, caían por un resultado final de 7-8 fronte a Miguel Prado e Ramón de la Fuente, que gañaron o tiebreak por 3-7.

A gran final estivo moi desputada pero decantouse do lado de Manuel Rey e Carlos García por 10-7. O concelleiro de Deportes, Juan Carlos Portos Bra, foi o encargado de entregar os trofeos ás dúas parellas finalistas.