Friday 22 de November de 2024

O Concello dispón xa de 6,5 millóns para executar obras pendentes na cidade como a piscina do complexo deportivo do Castrillón


 

O edil de Economía e Facenda, José Manuel Lage, formalizou esta semana co Banco Sabadell a firma do contrato dun crédito de 6,5 millóns de euros que sirve para poñer en marcha actuacións moi necesarias e demandadas polos cidadáns

O portavoz do Goberno local e concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, Jose Manuel Lage, formalizou esta semana co Banco Sabadell a firma dunha contrato de crédito de 6.505.000 euros que serve para reactivar a licitación de obra pública na cidade despois dun tempo de certa parálise, e permite ao Goberno local executar unha serie de obras moi necesarias e demandadas polos veciños.

O edil de Economía destacou que “é fundamental impulsar a contratación pública e esta operación permitirá reactivar a economía local, e ao mesmo tempo vai posibilitar atender a vellas demandas dos barrios da nosa cidade”.

Con esta operación de crédito dáselle impulso dende o goberno local a un bo número de proxectos que estaban parados e que foran incluidos na última modificación dos orzamentos do pasado mandato.

O gobernó local no seu primeiro mes de mandato reactivou as xestións que quedaran pendentes do mandato anterior e a Xunta de Goberno Local deulle o visto e prace o pasado día 3 de setembro.

Lage sinalou que “a partida máis importante, máis de dous millóns de euros, dedicarase a finalizar o complexo deportivo do Castrillón. Este investimento permitirá concluír a construción e dotar ao centro do equipamento necesario para a posta en funcionamento da área de seco e a piscina climatizada.”

Parte dos fondos, entorno a medio millón de euros, destinaranse á achega municipal aos proxectos incluídos no programa EIDUS que son cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) da Unión Europea. Nestas actuacións foi clave a participación da cidadanía, das organizacións, de entidades públicas e privadas, e de todos os axentes sociais.
Realizaranse obras no espazo público do Mercado de San Agustín cun investimento de 134.515,91 euros. Tamén se poñerá en marcha un plan de humanización e naturalización do paseo marítimo, 100.000 euros, e a construción dun acceso peonil desde Ou Birloque ao polígono de Pocomaco que terá unha partida de 41.400 euros.
O goberno, dentro do Plan EIDUS, eliminará barreiras arquitectónicas e mellorará o espazo público no ámbito de Pepri e reordenará o tráfico na rúa Severo Ochoa onde tamén se realizarán obras de urbanización para dar maior protagonismo ós peóns.

Os xardíns históricos da cidade terán o seu oco nestas licitacións. Está previsto un plan de mellora en Azcárraga, San Carlos e a Rosaleda de Méndez Núñez; e outro para a dotar de maior accesibilidade as praias do Orzán, Oza, Portiño, Lapas e Béns. Na lista inclúense partidas para iniciar as reformas dos mercados de Santa Lucía, Monte Alto, 132.731,41 euros, e o de Adormideras, este último dentro do plan EIDUS, por valor de 229.347,27 euros.

Por outra banda, o Goberno local que lidera Inés Rey ten previsto con cargo a esta operación de crédito acometer outros proxectos valorados en máis de 1,2 millóns de euros.

Entre estas actuaciòns destaca a creación de puntos limpos de proximidade, a instalación ou reforma de zonas de xogos infantís no complexo deportivo de Elviña, na praza de Tabacos e Nostián, así como nas urbanizacións Valaire e Breogán.

O pproxecto e comporta en colector de Riazor na zona Edar Béns, a construción de beirarrúas na avenida San Cristobo entre O Birloque e Matogrande, a finalización das obras de recollida de pluviais en Nostián, a iluminación do obelisco Milenium, a rehabilitación das fontes tradicionais de Eiris, así como a instalación dun circuíto de running e canastras de baloncesto no parque de Santa Margarita, dun rocódromo ao aire libre no parque de Béns e desfibriladores nos edificios municipais son algunhas das actuacións que se poderán realizar con cargo a este préstamo.