A parroquia de Barbeiros acolle este próximo domingo a última sesión do programa O camiño das estrelas. Terá lugar ás 21.30 horas no local social, puidendo acudir calquera persoa que así o desexe. Cabe lembrar que esta sesión tivo que ser suspendida anteriormente debido ás condicións meteorolóxicas, tal e como solicitaran dende o observatorio astronómico Ramón María Ayer.
O Camiño das estrelas brinda a oportunidade de poder contemplar as estrelas, constelacións, planetas e satélites a través de telescopios e baixo as pautas de astrónomos profesionais.