Saturday 16 de November de 2024

Inauguración do novo Pavillón Multiusos de Palmeira ‘Alcalde Torres Colomer’, este sábado pola tarde


Este sábado día 20 de decembro terá lugar o acto de inauguración oficial do Pavillón Multiusos ‘Alcalde Torres Colomer’.

Será un acto público que dará inicio ás 18.45 horas coa actuación de catro grupos musicais pertencentes á citada localidade: A Gandaina, O Rueiro (da Sociedade Hijos de Palmeira), A Tixosa e Xalunde.

Acto seguido, ás 19.15 horas, terá lugar o turno de intervencións, con comparecencias do propio homenaxeado, o senador José Luis Torres, ademais do alcalde Manuel Ruiz e do presidente da Deputación (entidade que cofinanciou a actuación), Diego Calvo.

Inchables
A inauguración concluirá cunha festa infantil de inchables que se estenderá dende as 19.30 ás 21.30 horas.

Todos os veciños e interesados en xeral están convidados a presenciar o acontecemento e coñecer de primeira man as instalacións, de 2.457 metros cadrados de superficie distribuídas sen dúas plantas.
A planta de acceso conta con dúas entradas, gradas, unha aula polivalente e unha oficina de información; mentres o andar semisoto disporá dunha pista deportiva, catro vestiarios (dous para monitores e dous para minusválidos), aseos xerais e de minusválidos, tres almacéns, dous cuartos de instalación, enfermaría, ximnasio-fitness, cuartos de limpeza e aula polivalente.
Ademais do de carácter deportivo, o edificio terá ademais unha orientación multiusos, permitindo a posibilidade de albergar outras actividades de alta concorrencia, como proxeccións de películas, concertos, representacións teatrais, etc.