Ata mañá sábado os comerciantes de Ordes ofrecen os mellores prezos en moda, calzado e decoración. Tamén hai curruncho infantil
Os comerciantes de Ordes amosáronse ben contentos tras a primeira xornada da que xa é a IV Feira de Oportunidades, a cal pechará as súas portas mañá sábado a última hora da tarde. Coma sempre, esta estase a desenvolver no primeiro andar da Praza de Abastos, onde onte non parou de transitar xente en busca das mellores gangas en calzado, roupa, complementos, decoración etc.
Nesta nova edición participan os seguintes establecementos e firmas comerciais: Capitán (calzado), Carma (zapatería), Blanco moda infantil e xuvenil, Muxa (moda muller), Chic (moda muller), Alfombra Roja (zapatos), Dress (moda muller), Numa (moda muller), Peteiro (decoración) e Juan Carlos Varela (moda infantil).
O horario da feira vai de 10 a 14 horas e de 16.30 a 20.30 horas. Para as persoas que a visiten con nenos e nenas poden facer uso do recuncho infantil, cuxo horario vai de 18 a 20 horas. Mañá sábado ampliarase, ademais, de 10.30 a 12.30 horas.