Saturday 28 de September de 2024

O Museo do Traxe acollerá este venres a presentación do libro de poesía‘Anamnese’


A obra foi galardoada co premio de poesía Loureiro Rey

A escritora Eli Ríos, estreitamente vinculada ao municipio de Ordes, presentará este vindeiro venres ás 20 horas no Museo do Traxe Juanjo Linares o seu libro de poesía ‘Anamnese’. Unha obra que lle valeu o II premio de poesía Loureiro Rey e que achegará ata o municipio acompañada da editora Maricarmen Romero, de Sotelo Edicións.