Saturday 16 de November de 2024

O Concello de Noia pechará esta fin de semana o programa “Rúas Vivas” con tres actuacións pospostas polo mal tempo


 

O Concello de Noia programou para mañá venres 6 e para o sábado 7 de setembro tres actividades culturais incluídas no programa “Rúas Vivas” e que non puideron levarse a cabo debido a adversas condicións meteorolóxicas. Tres actuacións que, como todo o programa desenvolto nos meses de xullo e agosto, serán de acceso libre e de balde.

Para mañá venres 6 de setembro están previstas dúas actividades. Ás 21:30 horas, Cándido Pazó ofrecerá un monólogo na praza da Constitución. Ás 23:00 horas, Ricardo Parada ofrecerá un concerto na plazuela da Condesa. E para o domingo 7 de setembro está programado o concerto de Jerry Noia Jukebox, que mestura éxitos nacionais e internacionais dos últimos 50 anos: Bob Dylan, The Beatles, Loquillo, Nacha Pop… Será na praza do Curro a partir das 22:30 horas.