Saturday 16 de November de 2024

15 alumnos e alumnas aprenden en Val do Dubra cómo xestionar ludotecas


Un total de 15 alumnos e alumnas recibiron esta mañán de mans do alcalde de Val do Dubra, Ramón Varela, o certificado de ter feito o curso de Xestión e Organización de Ludotecas. O grupo de alumnas e alumnos rematan así a formación semi-presencial que precisou de 70 horas. O curso, distinado a todos os interesados, foi organizado polo Concello de Val do Dubra e contou cunha subvención da Deputación da Coruña. O rexidor de Val de Dubra agradeceu o interese dos asistentes y invitoulles a poñer en práctica os seus coñecementos. O Concello de Val do Dubra ten a disposición de veciños e veciñas unha ampla oferta formativa ao longo do curso.