Friday 22 de November de 2024

O Concello apoia o programa O Camiño dos Valores para a reinserción na sociedade de menores con problemas de conduta


O maxistrado José Antonio Vázquez Taín presentoulle á alcaldesa, Inés Rey, unha iniciativa posta en marcha en Canarias que busca a reinserción na sociedade de menores condenadas/os a través da convivencia no Camiño de Santiago

A Coruña, 3 de septiembre de 2019.- O maxistrado José Antonio Vázquez Taín presentoulle esta mañá á alcaldesa, Inés Rey, unha nova edición do programa O Camiño dos Valores, que se levará acabo do 10 ao 14 de setembro, e no que participarán máis de 175 mozas e mozos de toda España.
Unha iniciativa que, tal e como anunciou a rexedora, contará co total apoio do concello. “Un programa que espero que se manteña os próximos anos”, sinalou Rey, “porque son unha acérrima defensora dos programas de reinserción de menores que se poñen en marcha desde as institucións públicas”.

Esta nova edición do Camiño dos Valores comezou en Canarias e continuará cun percorrido do Camiño Inglés. “Un grupo de persoas acompañaremos a mozas e mozos de Canarias e doutras provincias españolas, en risco de exclusión social, a realizar diferentes etapas do Camiño de Santiago”, explicou o maxistrado. Atendendo a invitación do xuíz, a alcaldesa acompañará as e os menores nunha primeira saída simbólica desde A Coruña o próximo 9 de setembro. A saída real efectuarase o día 10 de setembro e serán catro xornadas de convivencia.

O obxectivo é mostrarlles unha sociedade diferente, motivalas/os a buscar unha

oportunidade na vida e a crear as súas propias metas. “Trátase de que durante a

ruta poidan descubrir novos valores e recuperar o verdadeiro significado deste

camiño como sanción”, indicou Vázquez Taín.

O Camiño Inglés-Camiño dos Valores enmárcase dentro do proxecto UP2U, posto en marcha pola xuíza canaria Reyes Martel, que pretende axudar a menores con problemas de conduta e en risco de exclusión social. “Un programa que busca a reeducación da mocidade e fomentar a convivencia entre ela”, explicou o maxistrado durante o seu encontro coa rexedora. “Ás veces ti intentas darlle a unha moza ou un mozo unha mensaxe e non nos fan caso, con todo, a convivencia entre eles failles albiscar un futuro mellor”, explicou Vázquez Taín.