Friday 22 de November de 2024

Máis de sesenta veciños e veciñas participan no Día da Bicicleta do Concello de Frades


 

Máis de sesenta veciños e veciñas participaron no Día da Bicicleta do Concello de Frades, que tivo lugar esta pasada fin de semana. As persoas participantes tiveron ocasión de percorrer dous itinerarios diferentes, adaptados ás súas idades: un de 13 quilómetros de lonxitude para persoas maiores de 8 anos e outro de 3,5 quilómetros para os nenos e as nenas.

Os dous grupos partiron da Praza de Ponte Carreira e estiveron acompañados durante o seu percorrido por membros de Protección Civil. Os ciclistas saíron ás 11:00 horas deste sábado da praza de Ponte Carreira e pasaron polo colexio de Ponte Carreira, polas pistas que bordean a canteira da empresa Erimsa, Vitre e Augas Santas, para volver de novo á Praza de Ponte Carreira. A ruta curta tivo a mesma saída, ás 13:00 horas, e foi ata a vella cooperativa, Ledoira, O Mesón e de novo a praza.

Ao final dos percorridos houbo bebida, froita e un sorteo de material de ciclismo entre todas as persoas que participaron. Unha xornada que contou coa participación do concelleiro de Deportes, Juan Carlos Portos Bra; de Medio Ambiente, Miguel Prado Cea; e do técnico deportivo municipal, Lino Espiñeira.