Sunday 24 de November de 2024

O Concello de Lousame ofrece o servizo do Lousame Concilia para as tardes do luns, mércores e xoves, de acordo co novo horario do CPI Cernadas de Castro


O Concello de Lousame lembra que este ano ofrecerá por primeira vez o servizo de conciliación familiar Lousame Concilia en horario de tarde ás familias do CPI Plurilingüe Cernadas de Castro, toda vez que o centro escolar cambiará este ano o seu horario para adoptar a xornada única. De feito, a partir deste curso escolar o horario do centro educativo lousamiá será de 9:10 horas a 15:40 horas, agás os martes que será ás 17:20 horas.

Ante este cambio, o Concello de Lousame mantén o Lousame Concilia no tradicional horario de mañá (de 7:45 a 9:00 horas) e agora ofrece tamén a posibilidade de desfrutar deste servizo en horario de tarde, de 15:40 a 17:00 horas dos luns, mércores e xoves. De facer uso do servizo de tarde, o alumnado deberá ser recollido no centro pola súa familia.

O Concello de Lousame lembra que ten que haber un mínimo de cinco inscricións para poder ofrecer o servizo polas tardes. Unhas solicitudes que se poden recoller tanto no centro escolar como nos Servizos Sociais de Lousame.

Dende o centro escolar confirman que as rutas de transporte seguen sendo as mesmas, polo que a súa duración tamén o é Isto significa que o alumnado empregará o mesmo tempo que viña empregando para chegar ao seu centro ou ao seu domicilio. As familias tan só teñen que ter en conta a nova hora de entrada e de saída para calcular a hora na que levar ou recoller aos seus fillos e fillas na parada.