Saturday 16 de November de 2024

Novo título nacional para a socorrista Lara López


Lara López Fernández engrosa o seu palmarés. Esta fin de semana a piscina Carballo Calero e a praia de Razo, en Carballo, foron escenario para que a socorrista ordense demostrara o seu altísimo nivel. Nesta ocasión formando parte da selección galega absoluta de salvamento e socorrismo dentro do XXVII Campionato de España por Comunidades Autónomas.
Lara López Fernández acadou o título de campioa de España na proba de sprint praia e no relevo de sprint, tendo tamén unha actuación destacada nas probas de: bandeiras (4° posto), 100 metros remolque manequín con aletas (6° posto) e 100 socorrista (6° posto).