OAta o próximo 13 de setembro manterase aberto o prazo de matrícula para a Escola Municipal de Música de Ordes.
As persoas interesadas poderán escoller entre as modalidades de matrícula sinxela (20 €) ou completa (40 €). No caso da primeira poderán elixir música e movemento (o alumnado de 3 a 5 anos so poderá optar a esta opción), linguaxe musical, materias colectivas (banda escola, big band, combo rock, coro, combo folk e música de cámara) ou instrumento (clarinete, frauta traveseira, saxofón, óboe, trompeta, trompa, trombón, bombardino, guitarra clásica, guitarra eléctrica, baixo, piano, tuba, percusión, violín, violoncello e contrabaixo). No caso de querer escoller só instrumento deberá realizarse unha proba de linguaxe musical o 16 de setembro ás 16 horas na mesma escola.
No caso da matrícula completa poderase escoller ademais de instrumento as materias colectivas. O alumnado a partir dos 6 anos poderá cursar ademais de formación básica, instrumento e as demais materias colectivas.
Os impresos poderán obterse no Departamento de Educación ou ben a través das redes sociais e páxinas web do Concello de Ordes.