O Concello de Boqueixón organiza o roteiro Unha Volta ao Pico para o domingo 15 de setembro, que percorrerá diversos lugares de interese pola contorna do Pico Sacro.
A saída está prevista para as 9:00 horas desde a igrexa de Santa María de Lestedo. As persoas que participen terán ocasión de visitar o Pico Sacro, o antigo cemiterio de Lestedo e a igrexa da Granxa. O itinerario rematará na feira de Lestedo.
En conxunto serán 8,3 quilómetros de distancia, cunha dificultade considerada media. A organización recomenda acudir co avituallamento preciso. Ao remate está programada unha actuación teatral do grupo Volta e Dálle Teatro.
Quen desexe participar nesta actividade pode inscribirse escribindo ao enderezo de correo electrónico boqueixonturismo@gmail.com ou chamando ao número de teléfono 981 513 061.