As actividades de conciliación do mes de agosto chegaron ao seu remate. Excursións, xornadas de piscina, xogos en grupo, festas, obradoiros e talleres creativos, inglés etc foron algunhas das actividades coas que os nenos e nenas se divertiron. Susana García, concelleira de Educación do Concello de Ordes, compartiu este último día, facéndolle entrega de agasallos e dun diploma. O Summer Camp acodou un alto número de participantes ao longo de todo o verán, volvéndose a repetir dende o 2 ao 10 de setembro.