Esta mañá a alcaldesa en funcións, Ana Soneira, e o concelleiro José Antonio Fraga foron os encargados de clausurar os cursos de natación para a rapazada que se impartiron durante todo o verán na piscina do Muíño. Nesta última quenda foron 45 nenos e nenas os que participaron desta actividade que se desenvolveu durante todas as mañás de luns a venres. Ademais da súa medalla e diploma todos e todas desfrutaron dunha xornadas de xogos acuáticos e dunha boa merenda na terraza do bar da piscina. Esta permanecerá aberta ata mediados do mes de setembro.