Os vindeiros 2, 3 e 4 de setembro abrirase a preinscripción das actividades socioculturais dos centros cívicos municipais
A Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación oferta unha ampla gama de actividades e talleres dirixidos a todos os sectores de poboación, cuxa consulta pode facerse nos propios centros cívicos municipais ou na
web da concellaría: www.coruna.gal/serviciosociales/es
DATAS IMPORTANTES PARA PARTICIPAR NA II CONVOCATORIA:
Datas para facer a preinscrición: 2, 3 e 4 de setembro (luns, martes e mércores).
Horario para facer a preinscrión: 10:30 a 13:30 / 17:00 a 20:00 h.
Sorteo: 4 de setembro ás 20:15 h
Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas: 20 de setembro.
Datas para facer a inscrición: 23, 24 e 25 de setembro (luns, martes e mércores).
Horario para facer a inscrición: 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 h
Comezo das actividades: na semana do 24 ao 29 de setembro (cada actividade no día da semana que lle corresponda).
Fin das actividades: na semana do 10 ao 15 de setembro (cada actividade no día da semana que lle corresponda)
Comezo actividades: 30 de setembro (luns)
Fin de actividades: 15 de decembro (domingo)
Número de semanas de actividade: 11
Festivos nos que non haberá actividades socioculturais: 12 de outubro (sábado), 1 de novembro (venres), 6 de decembro (venres), 8 de decembro (domingo)
Pontes: Nesta convocatoria non se fará ningunha ponte
PARA SOLICITAR A ADMISIÓN NAS ACTIVIDADES:
Os requisitos de participación no programa de actividades socioculturais podense consultar nos centros cívivcos municipais, na páxina web da Concellaría de Xustiza Social e Coidados ou directamente no enlace:
www.coruna.gal/servizossociais/gl/actividades/normas-xerais?argIdioma
As persoas interesadas en participar nas actividades deberán formalizar a preinscripción e (en caso de resultaren admitidas) a inscripción, nas datas e horarios establecidos para esta convocatoria.
PARA FORMALIZAR A INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES:
As persoas que obtivesen praza no sorteo deberán recoller no centro cívico municipal o formulario para o abono do prezo público que corresponda. No formulario consta o nome da entidade bancaria e o número de conta no que facer o ingreso.
Deberán presentar no centro cívico no que se desenvolva a actividade o resgardo de ter abonado o prezo público que corresponda, según a duración de cada actividade.
No caso de non formalizar a inscrición nos días e horario establecidos para esta II convocatoria, se perderá o dereito á praza, que será ocupada polas persoas da listaxe de agarda.
O custo das actividades para as persoas usuarias ben marcado pola Ordenanza Fiscal nº43:
-Talleres ou actividades de ata 6 h de duración: 4,00€
-Talleres ou actividades ata 15 h de duración: 7,00€
-Talleres ou actividades de 16 ata 32 h de duración: 11,00€
-Talleres ou actividades de 33 ata 64 h de duración: 23,00€
Para máis información poden dirixirse aos centros cívicos municipais, consultar a páxina web da concellaría: www.coruna.gal/serviciossociales/es, ou chamar ao teléfono municipal de información 010.