Un grupo de rapaces dos campamentos de conciliación Verán Cultural que promove o Concello de Riveira desprazáronse ata Sálvora para coñecer de primeira man a riqueza ambiental e etnográfica que atesoura esta illa, pertencente á parroquia de Aguiño e incluída dentro do Parque Nacional Illas Atlánticas.
Os cativos estiveron alí durante a xornada de mañá e foron acompañados das concelleiras María Sampedro, responsable de Cultura, e Ana Ruiz, de Servizos Sociais. A estancia foi aproveitada por ambas edís para ver tamén in situ o labor que están a realizar os usuarios do taller de carpintería do Servizo de Drogodependencias de Riveira, que permanecen dende o pasado luns na illa coa fin de desenvolver tarefas de voluntariado ambiental e restaurar unha antigua chalana situada no pazo de Sálvora.