Friday 22 de November de 2024

Estrelas e acrobacias no programa Cultura e Deporte na Rúa, organizado polo Concello de Ordes


 

O Concello de Ordes continúa co seu programa estival Cultura de Deporte na Rúa, unha boa alternativa para pasar tempo de ocio na compaña de amizades ou con xente da familia á par que se disfruta de distintos espectáculos, deportes ou experiencias realmente interesantes. Como exemplo pódese citar a que vai ter lugar esta noite en Poulo, concretamente nas inmediacións do albergue de peregrinos. A partir das 22 horas quen o desexe poderá ver as estrelas, a lúa, satélites e planetas a través dun telescopio e coas indicacións de verdadeiros especialistas na materia. O programa O Camiño das Estrelas, xa pasou por Buscás o pasado día 20 e regresará a Barbeiros o vindeiro 4 de setembro.

Pero non foi o único. O público de Ordes tamén puido contemplar as acrobacias de Cía Vaya, un espectáculo baseado no circo e no teatro xestual que se ofreceu o pasado día 23. Os que gusten do clown teñen unha cita o próximo 30 de agosto ás 20 horas na alameda con Bambolina, da compañía Barafunda.