Saturday 28 de September de 2024

O Concello de Frades homenaxea á S.E. Abellá S.D.C. Feminino polo seu ascenso á Primeira División


 

O Concello de Frades vén de homenaxear ao equipo do S.E. Abellá Sociedade Deportiva e Cultural Feminino polo seu ascenso á Primeira División e por levar o nome do municipio polos campos de toda Galicia. O alcalde de Frades, Roberto Rey, e os concelleiros de Deportes, Juan Carlos Portos, e de Ensino, Manuel Ferreiro, entregáronlles un agasallo a todas as xogadoras, así como ao seu adestrador Borja Sánchez. Así mesmo, houbo unha mención especial para a capitana e unha das fundadoras do equipo, Vanesa Gómez del Rio, que se retira do fútbol federado esta temporada.