Friday 22 de November de 2024

A Asociación de Mulleres e Consumidores de Roo ofreceu unha exposición de bordados


 

A Asociación de Mulleres e Consumidores de Santa María de Roo ofreceu unha completa exposición de bordados. Nesta mostra amosáronse os traballos realizados pola vintena de persoas participantes nas clases de labores organizadas por esta entidade. A profesora foi a artesá María del Mar Melero.

A concelleira noiesa Beatriz Rosende visitou esta exposición que permaneceu no local social co gaio das festas parroquiais. Cada ano esta mostra está adicada a unha alumna. Nesta ocasión, organizouse na honra de María Josefa Calvo Socastro (Maruja), nai da presidenta da asociación e que faleceu este ano.