O Concello investíu máis de 35.000 € neste proxecto incluído no POS 2018
Os veciños e veciñas de Mercurín xa poden beneficiarse do novo acceso á súa igrexa. Cun orzamento total de 35.270 euros o Concello de Ordes levou a cabo as obras de mellora da capa de rodaxe da pista de acceso, concretamente o tramo que vai dende o cruceiro á igrexa.
Trátase dunha obra levada a cabo ao longo de 100 metros de lonxitude e 5 metros de ancho, ademais dun abano de 150x 10 metros, aplicándose aglomerado en toda a plataforma. Previamente rebacheouse e ampliouse nun metro a superficie pavimentada a ambos lados. Tamén se canalizaron tubaxes para a correcta recollida de pluviais, e colocáronse 6 arquetas.
Os concelleiros Ana Soneira e José Antonio Fraga trasladáronse nestes días ao lugar para comprobar o resultado final destes traballos, incluídos no POS 2018.