O Concello de Frades desenvolveu un curso de manipulación de alimentos en colaboración coa ONG Mestura. Esta iniciativa permitiulles ás persoas que participaron facerse cos coñecementos necesarios para as tarefas de preparación, fabricación, transformación, envasado, transporte, distribución, venda, subministración, servizo ou calquera outro proceso polo que pase un alimento.
Este tipo de cursos, que o Concello realiza periodicamente, son precisos para persoas que pola súa actividade laboral manipulen materias primas ou produtos elaborados do sector da alimentación. As clases desenvolvéronse no edificio multiusos municipal.