O Concello da Baña pon en marcha durante estas datas o ‘Nadal xogo’ para que os pais e nais dos máis pequenos do Concello poidan conciliar vida laboral e familiar. O ‘Nadal xogo’ está programado para os días 22, 23, 26, 29 e 30 de decembro e 2 de xaneiro. Está destinado a nenos e nenas de tres a doce ano. Comenzará ás 9.00 horas e rematará ás 14.30 horas. A programación contará con xogos e outras actividades e desenvolverase no Centro Social e da Terceira Idade da Baña. Os interesados poden apuntarse ata o día 18 de decembro na Concellaría de Cultura, na sede do Concello da Baña, e nos seguintes números de teléfono: 981.886.501 / 608.819.741 / 607.577.419. A actividade non ten ningún coste para os usuarios.
Articulos relacionados
O Concello inviste cinco millóns de euros para promover infraestruturas intelixentes e o uso do ‘big data’ en máis de 200 edificios da cidade
mayo 21, 2022 Comments are off 0 visitas
O proxecto ‘Conecta Coruña’, en fase de licitación, permitirá o despregamento de sensores físicos e ...
O BNG de Culleredo presenta o equipo co que aspira a formar o vindeiro goberno municipal
marzo 18, 2023 Comments are off 0 visitas
– Tono Chouciño, actual voceiro nacionalista, encabeza unha candidatura sen ataduras, co obxectivo de facer ...
O Concello instalará unha cuberta textil sobre a zona de xogos do parque das Abesadas
marzo 14, 2024 Comments are off 0 visitas
O Concello de Ribeira adxudicou as obras para a instalación dunha cuberta téxtil no parque ...
