Friday 22 de November de 2024

Apoteose de público nas festas patronais de Ordes


 

Facía tempo que non se veían unhas festas patronais en Ordes tan concorridas como as de este ano. E especialmente na noite de onte, na que as orquestras Principal e, sobre todo, El Combo Dominicano encheron de milleiros e milleiros de persoas a vila. A alameda estaba a rebentar de xente de todas as idades que tardaron ata ben entrada a madrugada en marchar para a casa. De feito non cabía ninguén máis.
Hoxe as festas na honra á Santa María chegan ao seu remate, despois de cinco días na que a música, a diversión, o baile, a alegría e a celebración foron a tónica constante. Susana Seivane e Javier Gurruchaga coa súa inseparable Orquestra Mondragón serán os encargados de baixar o telón. Pero antes toca botarlle outra baile nunha sesión vermú a cargo da orquestra Paraíso.