Friday 22 de November de 2024

Vinteún rapaces de 6 a 9 anos adentráronse nas novas tecnoloxías na aula CeMIT


 

A concelleira de Innovación Tecnolóxica de Riveira, Ana Barreiro Rego, procedeu esta mañá á clausura dos primeiros cursos infantís de introdución á informática, que baixo o título “Agosto Dixital”, está a organizar o Concello este verán na Aula CeMIT.

A acción estivo dirixida a nenos e nenas de 6 a 9 anos. En principio ía a haber un único curso pero, dada a alta demanda, duplicouse, dando cabida a dúas clases diarias con participación de 12 e 9 alumnos respectivamente. Ana Barreiro entregou aos pequenos cadanseus diplomas acompañado do axente TIC responsable da xestión da aula, Manuel Bello.

Dez a catorce anos
Do 20 ao 30 de agosto haberá un novo curso sobre novas tecnoloxías, desta vez orientado a nenos e nenas de 10 a 14 anos.