Saturday 16 de November de 2024

O Museo do Gravado de Artes exhibirá ata outubro unha exposición dedicada a Rafael Alberti e Federico García Lorca


O Museo do Gravado de Artes foi escenario na tarde de onte da inauguración dunha exposición titulada “A Xeración do 27: Alberti e Lorca no Museo do Gravado”, que aglutina obras destes dous grandes creadores e máis de Eduardo Naranjo.

Tras a apertura do director do museo, Pastor Santamaría, o acto contou coas intervencións do vicepresidente da Fundación Museo de Artes, Javier Expósito; o deputado da Deputación Xurxo Couto; e a concelleira de Cultura do Concello de Riveira, María Sampedro.

Na mostra se poden contemplar obras como as doce augafortes orixinais que Alberti realizou para ilustrar os poemas de “Amor y Mar” e outras doce para as series “Naturaleza y toros”, ou tamén as trece ilustracións elaboradas por Eduardo Naranjo para “Poeta en Nueva York” de García Lorca.

A exposición estará aberta ata o 14 de outubro.