Saturday 16 de November de 2024

A brigada de praias de Noia efectúa desbroces nos accesos aos areais de Boa e Taramancos


 

A brigada de praias do Concello de Noia vén de efectuar desbroces nos accesos aos areais de Boa e Taramancos. O obxectivo destas actuacións é facilitar os desprazamentos ás praias noiesas dende as vivendas colindantes. Trátanse de dous areais moi frecuentados por veciñanza e turistas nesta época.

Os desbroces nos camiños e accesos compleméntase coas tarefas de limpeza que se están a desenvolver nos areais. A brigada de praias do Concello de Noia está composta por un total de 5 efectivos, dous deles en Boa e os 3 restantes, en Taramancos. Os traballos de acondicionamento nos areais e na súa contorna continuarán ata finais de verán.