Esta fin de semana o deporte foi unha das máximas en Ordes. E moi especialmente o fútbol debido á celebración do IV Trofeo San Roque e do IV Trofeo Concello de Ordes. Ambas citas disputáronse no marco das instalacións deportivas de Vista Alegre durante o sábado e o domingo respectivamente. Alí numeroso público se concentrou para animar ás aliñacións que o deron todo no terreo de xogo
O Trofeo San Roque tivo como gañador ao Teke Teke C.F. Veteráns. O Mesón do Vento C.F. Veteráns rematou en segunda posición, mentres que o terceiro posto foi para os Veteráns Ordes. Rematando a táboa clasificatoria figuraron a S.D.C. Órdenes Veteráns e o Poulo C.F. Veteráns.
Pola súa banda a S.D. Santa Cruz de Montaos proclamouse vencedor do Trofeo Concello de Ordes, seguido da S.D.C. Órdenes e da A.D. Vila de Ordes en terceiro posto.
Tanto o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, como os concelleiros Ana Soneira, Abel Blanco e José Antonio Cabeza foron os encargados de entregar os trofeos.