Friday 22 de November de 2024

Nenos e nenas de Touro desfrutan dunha semana de campamento na Illa de Ons


 

Un grupo de trinta nenos e nenas do Concello de Touro, xunto cos monitores, desfrutan estes días dunha semana de lecer no Campamento Xuvenil Illa de Ons, en plena natureza e en contacto co mar e a praia. Os participantes, con idades entre os sete e os catorce anos, desfrutan do verán ao aire libre e compartindo xogos e diversión. Os días de campamento comenzaron o día 11 e rematarán o próximo día 18. Todos os anos o Concello de Touro, con apoio da Xunta de Galicia, facilita que os nenos e nenas interesados poidan pasar un días de descaso e xogo nun campamento oficial.