Monday 25 de November de 2024

O Concello recibe os participantes do Trofeo Teresa Herrera no seu 74.º aniversario


Unha árbitra coruñesa da Liga Iberdrola entregará o trofeo ao segundo clasificado do Teresa Herrera masculino

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e parte da corporación municipal recibiron este mediodía no Pazo de María Pita os representantes da 74.ª edición do Trofeo Teresa Herrera: Francisco Martínez Zas, presidente do RC Deportivo; Julio Abalde, reitor da UDC, Julio Luis Pérez Alonso, vicepresidente UDG Tenerife; Rafael Gordillo, director de relacións institucionais do Real Betis Balompié; Juan Luis Villamisar, vicepresidente da Federación Galega de Fútbol e Ernesto Vázquez Mariño, presidente honorífico da AFAC.

Rafael Gordillo desexoulle ao Deportivo “moitísima sorte nesta etapa de ascenso a Primeira División”. Pola súa parte, Julio Luis Pérez Alonso, augurou que o encontro de esta noite “será un gran partido”. O presidente do RC Deportivo, Martínez Zas, recordou que no mes de outubro a cidade celebrará o 75.º aniversario da construcción do estadio de Riazor.

Por primeira vez na historia, dúas árbitras coruñesas da Liga Iberdrola entréganlle esta noite o trofeo ao segundo clasificado do Teresa Herrera masculino. Inés Rey, ao peche da recepción das/dos participantes, aludiu á imaxe das mulleres no fútbol e afirmou que seguirá traballando por normalizar esta situación: “Só espero que sexa o principio de algo que se repita, porque elas piden un continente do tamaño do seu talento e o estadio ten que ser tamén a súa casa e a casa de todas e todos, á que hoxe volvemos para vivir outra tarde maratoniana do Teresa Herrera”, asegurou a rexedora, quen fixo especial mención os nenos da canteira do equipo
herculino, desexándolles sorte e convidándoos a que “non perdan as tradicións”.

As entregas dos trofeos nas dúas modalidades realizaranse ao remate dos respectivos partidos. No caso do Trofeo Teresa Herrera feminino, entre o Deportivo
Abanca e o UDG Tenerife, os trofeos serán entregados por:

• Mellor Xogadora Estrella Galicia: entrega Ignacio Olavide, representante de
Estrella Galicia.

• 2.ª clasificada: entrega a concelleira de Turismo, Comercio e Mercados, Diana
Cabanas.
• Gañadora: entrega a alcaldesa da Coruña, Inés Rey.

Ao remate da final do Teresa Herrera masculino, que xogan o RC Deportivo e o
Real Betis Balompié ás 21.00 h, os trofeos serán entregados por:

• Mellor Xogador Estrella Galicia: entrega Ignacio Olavide, representante de Estrella
Galicia.
• 2º clasificado: entrega a árbitra coruñesa da Liga Iberdrola Eugenia Gil Soriano.
• Gañador: entrega a alcaldesa da Coruña, Inés Rey.

O concello informou de que nas vindeiras edicións do torneo herculino ambos os trofeos terán o mesmo tamaño, pero este ano seguen a ter diferentes dimensións, xa que así estaba contratado polo anterior goberno.