Esta semana a concelleira de Deportes, Ana Soneira, quixo compartir cos rapaces e rapazas que asisten ás clases de tenis a xornada de clausura. Ditas clases desenvólvense ao longo do ano nos pavillóns Castelao II e Campomaior. A tamén primeira tenente de alcalde aproveitou a ocasión para falar con cada un deles e co monitor, interesándose tanto polo desenvolvemento das clases como pola evolución dos alumnos e alumnas.