Friday 22 de November de 2024

O Concello de Ordes solicita a colaboración veciñal para mellorar o servizo de telefonía móbil no municipio


 

Pídese que se informe sobre as zonas con falta de cobertura

Dende o Concello de Ordes solicítase a colaboración de toda a veciñanza para mellorar as condicións do servizo de telefonía móbil no municipio. Para isto precísase concretar coa maior exactitude as áreas sen carece de cobertura, sempre que se trate de zonas de vivendas ou núcleos de poboación (non se considerarán zonas de bosque ou parcelas baleiras).
Por isto solicítase que se comuniquen os seguintes datos: Nome e apelidos da persoa que envía a comunicación, DNI, teléfono de contacto, nomes da parroquia e do lugar exacto onde se rexistra a zona de sombra (núcleo ou aldea). Deberán aportar estes datos ata o día 11 como data límite, mediante mensaxe privada a través do Facebook do Concello de Ordes ou ben no correo prensa@concellodeordes.com.