Friday 22 de November de 2024

O Concello pretende establecer unha comunicación fluída coas entidades veciñais da cidade


 

A alcaldesa Inés Rey reuniuse esta mañá coa presidenta da Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana, Luisa Varela, para establecer as canles de participación que aseguren un contacto continuo co colectivo

A alcaldesa Inés Rey reuniuse esta mañá coa presidenta e vicepresidente da Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana, Luisa Varela e Pedro Fernández, para analizar as posibles vías participativas e de colaboración da entidade co Goberno local co obxectivo de manter entre ambos un contacto fluído de cara a solucionar as principais demandas da veciñanza da Coruña e a súa contorna.

A responsable da federación destacou a actitude de cooperación da rexedora e concelleira de Barrios, “unha cuestión que xa deixou claro en campaña”. No encontro, os representantes veciñais falaron con Rey sobre temas xerais como o proxecto da Cidade das TIC, o plan de rehabilitación da Cidade Vella ou o desbloqueo da estación Intermodal por parte de Xunta e Concello: “Son temas que preocupan a cidadanía”, explicou Varela. Ademais, na reunión se trataron outros como o futuro dos terreos portuarios, a adecuación do actual carril bici e o botellón: “Pedimos que se nos teña en consideración”, sinalou a presidenta.