Friday 22 de November de 2024

O Concello ofrece a súa total colaboración á ONCE nos seus proxectos de inclusión social


 

A alcaldesa, Inés Rey, reuniuse esta mañá co presidente do Consello Territorial da ONCE para coñecer as actuacións da entidade en materia de inclusión social

A alcaldesa, Inés Rey, recibiu esta mañá en María Pita ao presidente do Consello Territorial de ONCE-Galicia, Carlos Fernández Lamigueiro, nunha visita de carácter institucional para coñecer os distintos proxectos nos que traballa a entidade.

A alcaldesa comentou que durante a reunión agradeceu o labor levada a cabo pola ONCE na cidade. e ofreceulle a total colaboración do Concello en todas aquelas actuacións que sirvan para avanzar cara a unha maior igualdade de oportunidades das persoas con discapacidade.

Ademais, o encontro tamén serviu para analizar as liñas nas que o Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade ( Cermi) está a traballar para o Congreso de CERMIS Autonómicos de 2019, que se desenvolverá na Coruña o 17 e 18 de outubro. O comité, entre outros asuntos, expón a necesidade de mellorar os incentivos aos autónomos con discapacidade.