A directora de Turismo, Nava Castro, visitou hoxe o municipio de Oza-Cesuras, un dos 126 concellos beneficiarios da orde de axudas da Consellería de Cultura e Turismo deste ano onde se acondicionará un aparcadoiro en Paraxón-Bregade
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou hoxe o concello de Oza-Cesuras onde se levará a cabo a mellora da infraestrutura turística para o estacionamento temporal de vehículos no lugar do Paraxón-Bragade que contará cunha achega da Xunta de máis de 39.000 euros. Xunto a el, seis concellos máis da comarca da Coruña recibirán este apoio, sumando máis de 184.000 euros desta liña de axudas para esta zona da Coruña.
Este proxecto enmárcase no traballo da Xunta por colaborar cos diferentes concellos galegos para impulsalos turisticamente tanto a través de axudas para o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural como para a contratación de persoal nas oficinas de Turismo ou para a promoción das festas de interese turístico de Galicia, coas que se apoia a súa difusión e promoción e este ano se incorpora ademais a cobertura dos gastos para a posta en marcha da campaña de información e sensibilización fronte a violencia sexual en espazos públicos emprendida no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
As achegas para a mellora da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos van dirixidas a mellorar a calidade dos recursos turísticos dos concellos para facelos máis atractivos aos visitantes e están orientadas ao fomento e posta en valor da riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística dos municipios. Concretamente, na comarca da Coruña recibirán estas subvencións os concellos Abegondo, Aranga, Mesía, Miño, Oleiros, Oza-Cesuras e Sobrado.
Nas convocatorias da Consellería de Cultura e Turismo se inclúen tamén as subvencións para contratación de persoal nas oficinas de turismo que recibirán os municipios de Betanzos e Miño. Tamén se recollen as axudas aos concellos para o apoio, promoción e difusión para as festas declaradas de interese turístico de Galicia que en 2019 beneficiará á Feira Franca de Betanzos e á Festa de San Roque-Sardiñada de Sada. Esta terceira liña de axudas se centra na promoción das festas de interese turístico de Galicia, coas que se apoia a súa difusión e promoción e se incorpora ademais a cobertura dos gastos para a posta en marcha da campaña de información e sensibilización fronte a violencia sexual en espazos públicos emprendida no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Esta axuda a recibirá este ano o concello de Sada.
Están partidas destinadas aos concellos galegos nos que se celebren algunha das máis de 120 festas de interese turístico de Galicia e contribúen ao apoio, promoción e difusión destas celebracións. Tamén inclúe a posta en marcha, durante a festa, da campaña Agresión Off, Eu digo non á violencia sexual.